Entradas

APRENDEMOS MÁIS SOBRE O MBOT

Imagen
Na páxina de  MAKEBLOCK  encontraredes manuais e instruccións para manexar o mbot No canal de youtube de  JuegosRobotica.es  podedes encontrar un montón de retos co mbot e practicalos Podes descargar outros titoriais en PDF:  TITORIAL 1  ou no  TITORIAL 2 PARA ORDENADOR E APPS

PROFUNDIZAMOS CON MBOT

Imagen
Chegados a este punto xa é hora de argallar cos sensores e actuadores dos nosos robots.  Fixemos varias actividades como: Movementos do robot a varias velocidades, a índa que tamén houbo tomas falsas... Seleccionar e cambiar as cores tanto na placa base como na placa de LED externa: a partir das cores vermello, azul e verde creamos outras cores como laranja, rosa, violeta... a través dos valores dados e d ebuxamos diferentes caras na pantalla LED     Programamos diferentes melodías:  Medimos a temperatura en diferentes aulas e p rogramamos o mbot para que se estaba nun sitio cuxa luz era menor de 350 tiña que soar unha nota e se era maior que 350 tiña que acender as luces da pantalla LED. Fixemos prácticas co segueliñas: Probamos co ventilador e co detector de presenza para que a través do display de 7 segmentos sumara unha persona cada vez que pasaba, aínda que con este reto tivemos algunhas dific...

COÑECEMOS AS PARTES DO MBOT

Imagen
Unha vez feito o titorial é hora de porse mans á obra cos sensores e actuadores. O primeiro é coñecelos. Ensinámosvos os máis importantes a partir das imanes da presentación do curso do PFPP das mestras da escola, que utilizamos tamén na formación de familias:  

PRIMEIRAS ACTIVIDADES CO MBOT

Imagen
Para saber como funciona o mbot o mellor é descargarse a app mBlock Blockly e acceder ao modo Historia xa que explica paso a paso como comezar co robot. Os nenos/as foron pasando cada unha das fases sen moitas dificultades, xa que a explicación é moi clara.

CHEGAN OS MBOT AO CEIP DA CRUZ

Imagen
Os mbot son uns robots cos que os nenos e nenas de máis de 8 anos poden iniciarse na robótica e na programación.  Cando chegaron os mbot ao noso cole a primeira actividade que fixemos foi montalos. Como algúns nenos ían á robótica na actividade extraescolar xa tiñan algo de idea e ensinar aos demais.