Tamén foron os nenos/as de Educación Infantil os que nos presentaron a Code, un simpático rato co que se inician na robótica. Gustounos tanto, que Code quedouse na escola a vivir. Aquí sedes algunhas fotos da nosa experiencia:
Unha vez feito o titorial é hora de porse mans á obra cos sensores e actuadores. O primeiro é coñecelos. Ensinámosvos os máis importantes a partir das imanes da presentación do curso do PFPP das mestras da escola, que utilizamos tamén na formación de familias:
Para saber como funciona o mbot o mellor é descargarse a app mBlock Blockly e acceder ao modo Historia xa que explica paso a paso como comezar co robot. Os nenos/as foron pasando cada unha das fases sen moitas dificultades, xa que a explicación é moi clara.
Chegados a este punto xa é hora de argallar cos sensores e actuadores dos nosos robots. Fixemos varias actividades como: Movementos do robot a varias velocidades, a índa que tamén houbo tomas falsas... Seleccionar e cambiar as cores tanto na placa base como na placa de LED externa: a partir das cores vermello, azul e verde creamos outras cores como laranja, rosa, violeta... a través dos valores dados e d ebuxamos diferentes caras na pantalla LED Programamos diferentes melodías: Medimos a temperatura en diferentes aulas e p rogramamos o mbot para que se estaba nun sitio cuxa luz era menor de 350 tiña que soar unha nota e se era maior que 350 tiña que acender as luces da pantalla LED. Fixemos prácticas co segueliñas: Probamos co ventilador e co detector de presenza para que a través do display de 7 segmentos sumara unha persona cada vez que pasaba, aínda que con este reto tivemos algunhas dific...
Comentarios
Publicar un comentario