No CEIP da Cruz solicitamos o programa de "Introducción á robótica en Educación Primaria" e mentres esperamos a que chegaran os robots, investigamos sobre eles.
A primeira atividade que fixemos foi a través dunha presentación (cedida polos mestres de robótica das nosas mestras) para saber e diferenciar que elementos poden ser robots.
Fixemos debuxos sobre como nos imaxinamos os robots e construimos esculturas con material de refugallo.
Grazas ao préstamo de tablets do CFR elaboramos diferentes robots coas apps: "Robot Shapes Lab" de HugDug (cursos mais baixos) e "Fábrica de robots" de Tinybop.
A partir de aquí experimentamos con diversos robots: Escornabot, Makey Makey, Dash, Zowi e mbot, os robots que enviounos a Consellería co programa de robótica. Como era a primeira vez que traballabamos con este robot, fixemos diversas actividades como a montasse, o titorial, o estudo dos sensores e pequenos retos en grupo. Tamén fixemos unha formación para familias e un dos pais que asistiu viu a ensinarnos como funciona una impresora 3D.
Comentarios
Publicar un comentario